Thursday, 23 de February do 2012
   
Tamaño Texto
SERVIOCIO web.jpg

A nosa razon de ser.

User Rating: / 8
PoorBest 

Image

A razón de ser da S.D. Ribadeo.

Vivimos nun tempo no que todos, homes e mulleres, estamos cada vez máis integrados no mercado laboral. Nunhas ocasións, os nosos fillos e fillas disfrutan da nosa compañía; noutros casos, os avós son unha compañía de valor incalculábel. E aínda así, ás veces precisamos de mans que nos permitan dar ocupación aos nosos pícaros. Ademais, tardes enteiras no parque, sen outro aquel que dar voltas arredor dun bambán, ou quen sabe onde cando van máis mozos, pouco aportan á educación dos nosos fillos.

Por iso hai cousa de dous anos,e a partir da actividade despregada nas Escolas Municipais de Fútbol, varias nais e pais puxémonos en marcha un proxecto que culminaría na S.D. Ribadeo. O obxectivo non era outro que promover a práctica de actividades deportivas, principalmente fútbol, así como difundir a educación integral do deportista entre a xente nova. Unhas rapazas e rapaces que queren estar frescos e espertos para o día seguinte participar nun encontro de fútbol (ou calquera outro deporte) son quen de autocontrolarse e responsabilizarse dos seus actos. Tamén temos moi presente que o importante é o afán de superación persoal, a capacidade de sacrificio, e as ganas de disfrutar dunha vida san; que non todo vai estar encamiñado á competición pura e dura e a obsesión por gañar. Aínda que pareza un tópico: o importante é participar, o proceso, ver como poñendo ilusión e esforzo conséguense as cousas. E aprendendo a perder, para recoñecer os erros cometidos e ser quen de saber superalos. A fin de contas, facernos todos, nais, pais e fillos, máis persoas.

Pero este soño, que puxemos en marcha varias familias, necesita do apoio de todos. Aqueles 20 ou 30 cativos que comezaron a pegar patadas ao balón e a correr ao longo do campo hai anos (cando se puxeron en marcha as Escolas Municipais de Fútbol do Concello de Ribadeo), xa son agora algo máis de 175 rapaces. E requiren de moita dedicación. Manter o campo en bo estado, limpar os vestiarios, carrexar as porterías, ter conta do material (que tamén hai que repoñer), desprazarse con eles cando participamos en partidos fóra de Ribadeo (xa oficiais ou participando en Torneos)... En fin, moitísimo tempo que, se foramos moitas mans a traballar, de seguro habería ser máis levadeiro. Se deixamos que tantos esforzos recaian sempre en tres ou catro persoas, ao remate, estas acaban por cansar e deixándoo todo.

Estes esforzos débense ver recompensados á súa vez polas distintas institucións públicas (e organismos privados) que conforman a nosa sociedade. Un pobo vivo, dinámico, sempre resulta interesante para vivir nel, para ser visitado. E se é dinámico para facer cousas, tamén o será para discorrer e sacar adiante novas ideas, con espírito emprendedor. E iso hai que fomentalo desde a base. Como desde a base queremos nós fomentar o deporte. Para formar persoas. Hai que apostar decididamente (política e economicamente) polo asociacionismo de base que co seu traballo cotián mantén viva a ilusión duns rapaces e rapazas, o noso futuro, cara o deporte.

Ado.- O Presidente

facebook

Prox. Xornada

           

 

 ..-

 

 

PREBENJAMÍN

Viernes 24 FEBRERO

18:45 horas

Prebenjamín A Mariña

4ª jornada

SD Ribadeo "A"

SD Ribadeo “B”

 

 

BENJAMIN

Domingo 26 FEBRERO

11:15 horas

Benjamín Provincial

14ª jornada

AD Praia Covas

SD Ribadeo "A"

 

Viernes 24 FEBRERO

19:30 horas

Benjamín A Mariña

6ª jornada

SD Ribadeo "B"

SD Ribadeo “C”

 

 

 

ALEVÍN

Sábado 25 FEBRERO

16:45 horas

2ª Alevín Asturiana

20ª jornada

Barres/SD Ribadeo "A"

CD Arenal “B”

 

Sábado 25 FEBRERO

15:30 horas

3ª Alevín Asturiana

20ª jornada

Barres/SD Ribadeo "B"

CD Quirinal “B”

 

 

 

 

 

INFANTIL

Sábado 25 FEBRERO

 12:00 horas

Liga Provincial

23ª jornada

SCD Residencia “B”

SD Ribadeo

 

 

Sábado 25 FEBRERO

11:45 horas

3ª Infantil Asturiana

20ª jornada

Barres/SD Ribadeo

Colegio Inmaculada ”C”

 

CADETE

Domingo 26 FEBRERO

12:30 horas

Liga Provincial

21ª jornada

AD Praia de Covas

SD Ribadeo

 

 

 

 

JUVENIL

Sábado 25 FEBRERO

 16:00 horas

Liga Provincial

15ª jornada

UD Pastoricense

SD Ribadeo

 

VETERANOS

Fin de liga

TENIS DE MESA

Jornada de Descanso

2ª División Gallega

16ª jornada

 

Jornada de Descanso

 

3ª división Gallega

 

14ª jornada

Rexistro