| Fin de semana de fútbol base en Ribadeo |
|
|
|
| Escrito por Iván | |
| Venres, 12 de Xuño do 2009 | |
|
Esta fin de semana (13-14 de xuño)disputarase en Ribadeo a VI edición do torneo de fútbol base que a SD Ribadeo organiza ano tras ano. Esta e a 1ª vez que se realizou unha fase previa, da cal se clasificaron para a rolda final o Real Tapia e o Calasanz en Alevins e a EEMM El Franco en benxamíns. Nesta fase final, a categoria alevin conta con 13 equipos, que estan distribuidos en 3 grupos: Grupo A - Barres CF - Racing Vilalbés - SDC Residencia - Real Tapia Grupo B - SD Ribadeo - La Caridad CF - Calasanz B - EF Portero 2000 Grupo C - Calasanz A - Laredo - Andés - Santiago de Foz - CD Lugo Os dous primeiros de cada grupo clasificaranse para as semifinais, que se disputar´n o domingo a partir das 11.15 horas, na modalidade 3x1. A final será as 13:10 horas Na categoria benxamín participaran 10 equipos, que se dividen en 2 grupos: Grupo A - SD Ribadeo - Barres CF - EEMM El Franco - SDC Residencia - CD Lugo Grupo B - SD Ribadeo B - Andés CF - Calasanz - Santiago de Foz - Laredo Os 2 primeiros clasificaranse para as semifinais que se disputan o sabado as 10.30, tendo lugar a gran final as 13.10 horas Participan clubs lucenses, coruñeses, pontevedreses, asturianos e cantabros. Os partidos terán lugar dende as 10:30 ata as 21:30 na xornada do sabado e de 10 a 14 no domiungo onde se disputara a fase final. Antes da final homenaxearase os alevíns de 1º ano que forman parte do Barres CF que quedaron campións da copa federación asturiana e os prebenxamins que quedaron campións da liga da Mariña, ademais de conquistar o trofeo prebenxamín do VI torneo de futbopl base SD Ribadeo que se disputou o pasado 30 de maio
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|








