INFANTIL
|
- |
O RC Vilalbes acadou os 3 puntos do Pepe Barrera o vencer a SD por un 0-3.
Partido disputado nunhas pésimas condicións do estadio Pepe Barrera de Ribadeo, ó atoparse un terreo de xogo demasiado brando e pesado que dificultaba moito o xogo de calquera dos equipos.
Dende o inicio do encontro a Sd non se atopou a gusto debido fundamentalmente ás condicións do campo xa que o Rc Villalvés está mais acostumado a xogar en campos con estas condicións pero según di o seu adestrador o campo estaba para os dous. Nesta primeira parte o partido tivo ocasións por parte dos dous equipos aínda que o villalvés levou o peso, a Sd dispuxo de 4 ocasións moi claras que puido facer cambiar o devenir do encontro. Foi o Villalvés o que nunha acción de acto-reflexo de Aaron, se adiantou debido a un penalti, a pesar da boa estirada de Noel que adiviñou a intención do xogador chairego.
Con este resultado de 1-0 chegouse ó descanso.
Na segunda parte todos se esperaban un partido de moita forza entre ámbolos dous equipos pero non foi así senón todo o contrario os xogadores da Sd desfondáronse totalmente e o Rc Villalvés levou a batuta durante toda a segunda metade de partido. Non foron quen de asentarse, retrocederon totalmente as súas liñas, e eran incapaces de saír co balón xogado. Esta pasividade e desconcerto foi aproveitado polo equipo visitante para aumentar a renta no marcador con dous goles mais ata chegar ó definitivo 0-3 final.
O adestrador mostrábase disgustado esto non é normal, é o primeiro partido no que realmente nos domina o equipo rival. Decía estou apenado polo desfonde que tiveron os seus xogadores no vestiario ó final do encontro e que dende o equipo sentímos moito a penosa segunda parte debido ó gran esforzo que fai este clube. Asímesmo asegurábamos que non lle ía admitir a ninguén ningún reproche de cara a todos os seus rapaces xa que están a traballar moito e son os mesmos que realizaron grandes partidos ata a data demostrando ser un gran equipo. Decía que lle parecía lamentable ter que quentar nas inmediacións do Pepe Barrera non hai excusa para a derrota soamente felicitar ó Villalvés pola lección que nos deron na segunda parte pero o encontro xa comezou mal xa que fixemos un mal quecemento ó non poder facelo dentro do campo. Mostrábase preocupado acabamos de comezar a época de mal tempo e o terreo de xogo está nestas condicións, co cal témome que se vai repetir moitas mais veces, seguía comentando creo que as Institucións Xunta, Deputación, Concello, e pobo deberíanse agrupar para poder conseguir un campo artificial que sería unha das grandes solucións e non digo que non estean a buscar xa alternativas, nós levamos dous meses sen tocar o terreo de xogo do Pepe Barrera que é o campo no que xogamos como local, case preferimos xogar coma visitante e iso que é a nosa primeira derrota na casa. Decía que non quere que se malinterpreten as súas verbas nin pon excusa ó resultado senón que é algo que se debe visionar xa.
Para rematar volvía a repetir Sigo crendo que somos do mesmo potencial cós tres primeiros clasificadosa aínda que nós non miramos a clasificación senón o aprendizaxe de cada etapa, penso que nos ven ben esta derrota, aínda que son o primeiro doido porque moitos cren que o traballo se fai en 4- 5 meses, non é así a Sd está a facer un gran esforzo tentándose poñer ó nivel dos grandes clubes na formación dos rapaces. O equipo felicita ós rapaces do Villalvés pola gran victoria pero volvo a repetir que nas gradas seguimos querendo ser adestradores e o que parece é que van a criticar os erros dos equipos e do árbitro en vez de ir e animar. Como non vai pasar o que pasa ás veces como agresións, inlustos si se lles é o modelo de conducta que lles mostramos, lamentable. Creo que é penoso que lle estén protestando por activa e por pasiva ó colexiado tonterías, protestar claro que protestamos porque é innato pero cousas lóxicas dende logo nenos infantís dentro dun terreo non deben nin abrir a boca. Eu xa sei que despois destas derrotas comezan as críticas destructivas hacia adestradores, equipo e directivos en vez de facer críticas constructivas e realmente animar ós rapaces facéndolles ver as cousas positivas destas derrotas pero a esas persoas hai que facerlles caso omiso xa que son ignorantes do fútbol.
FELICITACIÓNS DENDE O EQUIPO INFANTIL DA SD RIBADEO Ó RC VILLAVÉS POLO GRAN VICTORIA.