Vitoria traballada dos INFANTIS en Lugo
Comenzou o partido con ataques constantes e dominio do balon por parte do San Roque, que saldaron moi ben as liñas defensivas da SD, capitaneadas por ALEJANDRO, que xogou o mellor partido da tempada, sen dar tregua a zaga visitante, nunha das poucas chegadas un tiro certero de MARTIN L adiantaba os visitantes, que comenzaron a situarse no campo e a sacar balon, e non deixar dominar o xogo.
Nunha falta directa, o equipo da casa empatou o partido, cunha falta moi ben sacada, pola escuadra na que SEIJO nada puido faer. Acabou a primeira metade destacando 3 faltas sacadas por ADRIAN que pasaron cerca dos tres paus asi coma unha de UXIO que tamen foi ben executada.
Na segunda metade, os locais descolocanronse en medio campo cas presas de remontar o resultado,pero nun saque de esquina en xogada ensaiada, ANDINA levou o balon o fondo das maias locais. Gol que descolocou os xogadores da casa e so pensaban en atacar descoidando as labores defensivas que ANDINA noutra ocasion e SEGIO M e SERGIO G, xusto antes de ser trocado, poñían o definitivo 1-5 no marcador.
Moi contentos, NICO e GERMAN ca intensidade dada o xogo dende todoas as liñas, e destacaron a labor de equipo de todos os xogadores, e o esforzo realizado, que hoxe si deu PREMIO.