SUSPENDIDAS AS CLASES E ADESTRAMENTOS

A Consellería de Educación tomou esta decisión en base á predición deita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET)
 
As clases quedan suspendidas para o 15 de decembro de 2009 en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo
 
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.
 
Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.
 
A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

A SD Ribadeo tamen suspende os adestramentos para mañá, concretamente na sua categoria BENXAMIN