Presentacion a prensa do III Torneo de Futbol Infantil
A Sd Ribadeo presenta na sua terceira edición, o Torneo de Futbol Infantil, que se levara a cabo neste vindeiro fin de semana, nas instalacions do Estadio municipal PEPE BARRERA.
Nesta e coma en anteriores edicións, contamos co apoio institucional da Concellaria de Deportes do Concello de Ribadeo, representada polo seu Concelleiro D. Vicente Castro, da Delegación de Deportes da Deputacion de Lugo e da Concelleria de Deportes da Xunta De Galicia , así como dun gran elenco de persoas anónimas e mais de Empresas privadas, que colaboran desinteresadamente na organización deste torneo.
Nesta edición, contamos ca representación dos clubes: (VER CALENDARIO), lamentar a baixa a ultima hora, debido a compromisos competitivos surxidos con motivo das competicions nas cales están inmersos do REAL Sporting de XIXON, vixente campeón do torneo, e do Atletico de Madrid.
Todos-los Clubes participantes, son de coñecida sona pola metodoloxia de traballo das suas escolas e canteiras, ousexa da formación do FUTURO deste deporte.
Así de sobra son coñecidos polas persoas que seguimos de preto a formación de novos talentos, a formación tanto futbolística coma humana destes xogadores, os valores éticos, morales e deportivos que estas CANTEIRAS de futbol inculcan os seus xogadores. Valores que se encontran na misma liña das da SD RIBADEO, e das cales intentamos nutrirnos.