SD VETERANOS
SD RIBADEO 0 - 1 TREVIAS
Non foi o comenzo desexado por todos o arranque da liga de veteranos, pero as gañas e o mostrado no terreo de xogo fan que non deixemos de confiar neste grupo de xogadores que xa están desexando que chegue a próxima xornada para tratar de resarcirse desta derrota. Un bó equipo o que se enfrontou a SD no campo da Devesa, o cal mostrou a súa candidatura para ser un dos grandes animadores da liga. A gran envergadura dos seus xogadores fixeron que os nosos non poideran facerse fácilmente co control aéreo do xogo, e a súa grande veteranía neste deporte foron as armas mostradas polo rival para bloquear o xogo local. O partido disputouse de poder a poder e cun xogo máis físico que técnico. O noso equipo turrou unha e outra vez contra a muralla presentada polo visitante, e o que outras veces foi decisivo como o xogo por bandas, desapareceu de xeito inexplicable neste partido. Unha boa ocasión no primeiro tempo de Kike podía cambiar completamente o signo do partido, pero desgraciadamente non foi así. O partido apenas tiña xogadas claras e gol para ningún dos dous equipos, e tivo que ser nunha xogada interpretada erroneamente polo árbitro como penalty a que decantou o partido para o equipo visitante. Esperamos que os nosos veteranos non se desanimen e que na vindeira xornada poidan inaugurar o casilleiro de puntos.