Entrevista a SEIJO , CADETES
"Os deportes son necesarios para a nosa formación e educación,
inda que de eso dámonos conta de maiores "
Hoxe estamos a entrevistar a outro dos intengrantes das nosas plantillas.
El é DAVID SEIJO BRA, porteiro dos CADETES da SD RIBADEO, “SEIJO”, como e coñecido no mundillo futbolístico, e un porteiro moi seguro, con moitos reflexos a media e curta distancia, tamén se defende ben no un contra un. Xogador con moita personalidade debaixo dos paus, foi uns dos xogadores mais destacados na tempada pasada en infantis.
Boas tardes Seijo, ¿Qué tal o partido do domingo?
Foi un partido moi luchado, no que na primeira parte merecimos mais do que obtivemos , e na segunda un penalti dubidoso que nos deixou cun home menos. Logo nun fallo dun corner metéronnos o segundo. Nos minutos finais acadamos o empate.
Nesta tempada, estreas categoría na SD, estreas adestrador, novos compañeiros ¿Cómo se está desenvolvendo todo?
A tempada e unha mais, o do novo adestrador o principio costoume adaptarme pero agora xa estou afeito a él, e respeto os compañeiro cuns xa levo xogando moitos anos e cos de segundo ano, xa xoguei alguha vez. Ben en xeral.
¿Canto tempo levas con nos na SD?
Levo dende os seis anos, teño 14 casi 15 pos 9 anos.
¿Acórdaste de todos os teus adestradores algún en particular, e porqué?
Foron por orden Javi en Benxamins, Ivan en Alevins ,Nico e German en Infantis e agora Nacho en Cadetes. O mais especial foi Ivan.
Pregunta xa típica das entrevistas ¿Momentazo na SD? Como diría Boris Izaguirre.
Foron moitos, por exemplo esas finales contra o Viveiro, de tanta rivalidade.
¿Son compatibles os estudios e o deporte?, ¿Velo necesario, como complemento a educación e a vosa formación ?
Sí, son compatibles e necesarios para a nosa formación e educación, inda que de eso dámonos conta de maiores, do sacrificio a disciplina, e moitas cousas máis.
¿Qué e o que mais che gusta do noso clube, e que botas en falta?
Da SD o que mais me gusta e a organización dentro do Clube e os torneos, as saidas a torneos fora de Galicia ilusiónannos moito a maioria, e boto en falta un campo de herba artificial, cando vamos xogar fora sempre ou case sempre vemos campos de herba artificial, menos aquí en Ribadeo.
¿Hasta cando na SD?
Por desgraza quédame esta tempada e a que ven, si non crea a SD a categoría de juveniles. ¡ Que o podiades facer! , ¿Non si?.
Moitas Gracias Seijo polo teu tempo, e desexámosche o mellor.
Grazas a vos.