Entrevista a David, SD VETERANOS

 

 

Esta semana imos adicarlle a entrevista da semana a nosa categoría mais “nova”, mais nova en creación pero moi veterana en formación. Imos estar cos “VETERANOS DA SD”.

 

Falamos co  presidente da sección, porteiro, e un dos impulsores desta nova andanza. DAVID

 

Boas tardes DAVID ¿Cómo surxiu a idea da sección de VETERANOS?

            Moi boas. Pois todo nace a partir de que  levábamos dous anos xogando partidos en conxunto, tamén participando nos torneos que se celebraban na vila de Ribadeo, e mais saíndo a disputar algún fora, como foi a Pontevedra, Coruña, Cudillero,... Entón decidimos darlle forma xurídica a este grupo e englobarnos como unha parte da SD Ribadeo xa que moitos dos xogadores temos relacción directa coa mesma, ben como directivos, socios e pais de xogadores.

  

¿Con cantos xogadores contades?

            Na actualidade temos 25 fichas dadas de alta e participando activamente, e despois por outro lado están outros xogadores que non poden participar por problemas físicos e laborais neste momento.

 

Estades a empezar a LIGA DO NORTE VETERANOS, ¿Cómo vai a competición?

            Perdimos o primeiro partido de liga na casa, que é o que se leva xogado hasta o momento. A competición preséntase como unha aventura para nós, na que queremos seguir establecendo relacións con outros equipos. Dos equipos que participan, somos o máis novato, xa que os demais levan moitos anos xogando xuntos, e eso no campo, como todos sabedes, nótase moito. De todos modos somos conscientes de que non temos mal equipo e esperamos poder quedar pola metade / hacia arriba da táboa

 

A SD, xa e un referente en formación, ¿Crees necesario mais categorías?

O magnífico traballo que  está a facer a SD é admirable. A culminación deste proxecto, dos que eu fun un dos iniciadores desta andaina, ten que consolidarse co equipo de xuvenis e logo cun equipo na Terceira Rexional. Fai anos falábamos daquela que se arrancou, como un soño ter infantís e cadetes, agora é unha realidade. Hai que ter os pés no suelo pero sempre mirar para arriba e tomar como referentes equipos grandes como o Vilarreal equipos nacidos caseque da nada, xa que as bases son as mismas, "a ilusión polo fútbol base" e nunca se sabe onde se pode chegar. Cun bo traballo como estades a facer os logros e os éxitos teñen que chegar por si sós. 

 

 

¿Qué votas de menos no deporte e mais concretamente no Futbol en Ribadeo?

            Penso que as institucións non recoñecen o traballo que estades a facer como se merece, e que,  Ribadeo, a día de hoxe, non posúa un campo de herba artificial, é un atraso e un lastre para culminar un bo traballo. Que os rapaces teñan que entranar en espacios que nin sequera son espacios deportivos como son os aledaños do colexio Gregorio Sanz e intolerable. Outros concellos con moita menos involucración no fútbol base xa o posúen, Valadouro por exemplo.Dende os veteranos da SD queremos apoiarvos en todo momento nesa loita que se leva dende fai tempo reinvindicando un campo de herba artifical.

 

 

¿Qué votas de falta na SD Ribadeo?

            Penso, que a partir da categoría de infantís se debería apostar por tratar de conseguir logros deportivos, como ascensos de categorías, o igual que se logrou na liga asturiana. Xa sabemos que é dificil pero en algún ano se puido haber intentado e igual conseguido. Si conseguimos subir algunha categoría a Liga Galega a entrada de afeccionados o campo creo que sería maior e a ilusión dos rapaces por seguir mellorando tamén. Por outro lado seguramente que o grupo de directivos e xente involucrada no traballo do día a día non é a que se precisa polo que habería que aumentala, tamén me gustaría que os pais non traten de levar decisións persoais sobre aspectos deportivos a directiva.   A parte deportiva tiña que correr só a cargo dos profesionais elexidos para a mesma, e non polos pais, tanto directivos como non.

 

 Ademais da liga na que estades inmersos que outras actividades tedes pensado faer.

            Estamos tamén a traballar en facer un torneo de veteranos en Ribadeo, cunhas bases e principios diferentes o que se está a facer na actualidade por outra asociación. Co tempo queremos traer a Ribadeo a equipos de nome, como o Celta de Vigo, Deportivo, Sporting de Xixón,.... e algo que vai a levar tempo, pero estamos a traballar no tema. Tamen nos gustaría mostrar a nosa disposición a traballar man a man coa SD Ribadeo en todo aquelo que precise e nos poidamos ofrecer.

 

 

Pos grazas David; boas tarde e sorte nesta recente iniciativa.