Firma de Convenio coa Fundación Celta de Vigo

Firma SD Ribadeo 610x400

 

A SD Ribadeo vén de firmar un convenio de colaboración coa Fundación Celta de Vigo cunha extensión de tres tempadas para colaborar de maneira activa na posible incorporación de xogadores ás categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Outro dos puntos é a mellora en materias formativas e de desenvolvemento e mellora das estructuras deportivas.

 

A sinatura tivo lugar no salón de actos do Concello de Ribadeo coa presencia da directiva da SD, Magdalena Gómez, do director da fundación, Germán Arteta, así coma o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas. Trala sinatura, tódolos asinantes manifestaron a súa satisfacción cun acordo que levou varios meses de traballo e de contactos para conseguir algo que será moi beneficioso para ámbalas dúas partes.

Desde a SD Ribadeo queremos agradecer a consolidación do acordo, que agardamos poida extenderse durante moito tempo, e que tanto nós coma a Fundación Celta de Vigo colleitemos froitos deste convenio canto antes.