A VISITA DA SD A VILALBA

Image
RC. Vilalbés - SD Ribadeo
 

RC. Vilalbés - SD Ribadeo (Infantil) 4-0

 

Partido disputado o día 26 de xaneiro as 11:30 hoas. O partido comezou con néboa pero que pouco a pouco foi despexando. O Vilabés foi superior, ainda que non tanto como reflexa o marcador, xa que a SD tivo as suas oportunidades e os goles chegaron a sua maioria debido a erros defensivos.

 

Pola SD xogaron: Hugo, Andrés López, Iago, Alex, Vizoso, Ernesto, Dani, Nahuel, Javi Cao, Iván Javier e Andrés Díaz. Tamén xogaron: David, Carlo, Diego, Aarón e Alejandro

 

O sábado día 2 reciben as 11:30 horas a SDC Polvorín, ó que xa venceron a Lugo por 0-4. O Polvorín é penúltimo na clasificación con tan só 6 tantos, mentras que a SD baixa unha posición e queda na 8ª plaza.

 

RC Vilalbés - SD Ribadeo (Alevín "A") 5-2
 

 

A SD Ribadeo non comezou con bo pé a sua andadura pola liga provincial alevín. O partido comezou con 45 minutos de retraso no Anexo de A Magdalena de Vilalba. Os 10 minutos de empezar, o Vilalbés abriu o marcador, con so 3 pases chegaron a porteria da SD  e un dianteiro chairego empurrou o balon o fondo das mallas tras un bo pase dun compañeiro. A SD Ribadeo non se veu abaixo e creou moi boas ocasións pero non foi ata faltando 8 minutos para o tempo de lecer cando logrou poñer as taboas no marcador, grazas a un tanto de Pedrosa, que tras un bo control cruzou ben o esferico ante a saida do gardamallas local.

 

Tralo descanso a SD saiu a polo partido, presionando a cada xogador chairego e creando ocasións de gol, nunha desas ocasións Castro da un magnifico pase entre os centrais, que chega a Maik, este con un sutil toque senta o gardamallas e empurra o balón sen rival ningún. A SD  estaba por diante no marcador, pero a alegría non durou moito, xa que 5 minutos despois o Vilalbés logrou empatar. Tras un corner que sacou Maik enriba da liña de gol, ningun xogador da SD o conseguiu despexar e finalmente o balón acabou no fondo das mallas tras un barullo na area pequena.

 

Este gol animou o Vilalbés, que nunha contra conseguiría o 3º pouco despois, tras un corner sacado pola SD o porteiro saca en longo e o dianteiro local gaña por velocidade os defensas locais e marca ante Seijo. A SD non baixou os breazos e foise polo empate, pero noutro corner, un xogador local remata só e pon o 4-2. Os corners eran o maior peligro que estaban a crear os chairegos. A SD tivo ocasións, unha falta o borde do area mal executada, e duas ou tres ocasions clarisimas pero a pelotiña non quería entrar e non había que facer. Noutro corner, chegou o definitivo 5-2 e o final do partido. A sensación dos ribadenses e que se podía facer mais, pero a falta de aclimatación o terreo dfe area e os fallos puntuais nas xogadas de balón parado decantaron o partido para o cadro local.

 

Pola SD xogarón: Seijo, Alex, Álvaro, Uxío, Iago, Castro e Pedrosa. Tamén participaron neste partido Nacho, Maik e Jonathán.

 

Na 2ª xornada a SD volvera a xogar lexos da casa, neste caso desplazarase o domingo a Lugo, para xogar as 12 da maña no campo da Cheda contra o Casás que na 1ª xornada venceu 2-3 en Foz

 

 

 

RC Vilalbés - SD Ribadeo (Alevín "B") 7-2

 

A SD Ribadeo, tras este amigable en Vilalba, volveu cunha derrota moi abultada. Na primeira metade os discipulos de Lodos domiñaron de principio a fin, creando innumerables ocasións pero moitas delas foron malogradas. A SD puxose por diante cun gol de Miguel, tras un rechace empalmou o balón dende fora da area e pa dentro da porteria, o porteiro so puido recoller o balón do fondo das mallas, pero 3 minutos despois e na 1ª  chegada dos locais conseguiron empatar o encontro. Esto enfureceu a SD que Buscou con mais impetu o 2º, pero non chegaba fallabanse ocasións que parecía imposible de fallar. Faltando 12  minutos nun corners ben sacado pola SD chegou Olmo e marcou o 1-2 tras rematar na area pequena, era o 1ª balón que tocaba e gol da SD, a dinamica do encontro non variou a SD creando ocasións e o Vilalbés saindo a contra, e asi chegou o 2º tanto dos locais. Con ese resultado totalmente inxusto chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade o encontro variou lixeiramente  o Vilalbés dominaba mais e anotaba as suas ocasións, froito diso o marcador final, ainda que visto o encontro o resultado podía ser tranquilamente a favor da SD, visto os erros da primeira metade

 

Xogaron póla SD: Victor, Sergio Mendez, Sergio Rodriguez, Sergio Gonzalez, Nacho, Héctor, Jorge, Pablo, Angel, Adrián, Olmo e Miguel.

 

Este sábado a SD Ribadeo B de alevíns enfrentarase a SD Ribadeo A de benxamín a partires das 11:00 no CEIP Gregorio Sanz, para preparar os inicios de liga que comezarán o 17 de febreiro.